STARFALL, é unha web moi interesante para que os nenos aprendan a ler en inglés. Se tendes ocasión recomendaríavos dedicarlle un pouquiño de tempo a visitala cos vosos fillos.
Esta web é válida para todas as idades, desde os mais pequenos de infantil ata os maiores do colexio, xa que, aínda que está dirixida a nenos angloxasóns que están aprendendo a ler tamén resultará moi útil para os nenos maiores.
En principio hai dous apartados que nos poden interesar: "ABCs" and "Learn to Read"
ABCs: Comezar a ler.
Neste apartado os nenos irán escoitando como se pronuncian as letras do abecedario, ademáis de exemplos de palabras onde aparecerán esas letras.
O neno deberá ir avanzando por cada letra pronunciando e clicando nas letras e palabras que vaian aparecendo, o adulto simplemente supervisará e asegurarase de que entende o conto. Se non sabedes inglés tampouco vos preocupedes porque as imaxes axudan moito a comprensión.
LEARN TO READ: Contos para ler
Neste apartado atoparedes contos coa introdución progresiva dos fonemas ingleses. Seguindo a orde establecida dos contos os nenos aprenderán a ler en inglés, e ademáis de aprender a pronunciar correctamente tamén aprenderán moito vocabulario.
Unha vez que os rapaces superasen esta primeira fase na lectura poderían visitar a web "EDUCANAVE STORIES", da que falamos na seguinte entrada.
*Este enlace estará ubicado permanentemente en "TOPICS/ READING"
No comments:
Post a Comment