10/11/12

AUXILIAR CONVERSA: 2012-2013

ALEX IS HERE!!!!
Estes días na clase de inglés os rapaces andan un pouco nerviosos e nerviosas porque xa temos o novo auxiliar de conversa con nós.
Chegou a semana pasada, e xa rapidamente quixemos saber todo sobre ela, unha chica americana. Tivemos que esforzarnos moito porque tiñamos moitas preguntas e tiñamos que facelas ben para que  nos entendera, todo isto levounos un tempiño pero ao final conseguimos saber moitas cousas interesantes da súa vida e do seu lugar de procedencia, Miami (Florida).
 Para explicarnos mellor os aspectos da súa vida, Alex elaborou unha presentación que a continuación podedes ver no seguinte enlace.
Moitos fostes tamén os que preguntastes por Brian, lamentablemente Brian tivo que volver a América, pero sigue pensando moito en todos nós, segundo comentou no último email. Tanto lle gustou a súa experiencia aquí en España que actualmente está a traballar de profesor auxiliar nun colexio bilingüe inglés-español en Minneapolis. Pero di que para el o colexio A Paz segue a ser o mellor do mundo!!! A ver se conseguimos que nos envie algunhas fotos do seu novo colexio.

De momento, a aprender moito con Alex, a quen desexamos un moi feliz ano escolar no "CEIP A Paz".

No comments:

Post a Comment