11/1/11

WHO ARE YOU?

Hi! Boys and girls!

¿Lembrades como dicía unha das cancións que aprendemos no 1º ciclo, WHO ARE YOU? (Quen es ti?). Pois aquí tendes unha foto dun dos nenos do cole disfrazado durante a festa do Halloween, ou Samaín como lle chaman na nosa terra.
E agora pregúntovos, sabedes WHO IS HE?. Se o sabedes animaros a deixar un comentario coa resposta dicindo o NAME (nome) do neno e o nome do COSTUME (disfrace).
Lembrade que tamén podedes enviar a vosa foto da celebración do Halloween nas vosas casas. Agradecemos todas as fotos recibidas e tamén dar as grazas a Brais de 4º curso que trouxo unha preciosa PUMPKIN (cabaza) a clase de inglés, pero da cal lamentablemente non temos fotos.

THANK YOU VERY MUCH


GUESS! (adiviña!):  WHO IS HE?


Lembrade que en inglés disfrazarse dise: TO DRESS UP

HE DRESSED UP AS A MUMMY (El disfrazouse de momia)

No comments:

Post a Comment