Os nomes das vogais en inglés, VOWELS /vauals/, non son fáciles de aprender, xa que o seu nome non se corresponde coa súa pronunciación. Cada vogal en inglés ten alomenos tres pronunciacións distintas.
A = chámase ei (pode soar como: a, ei, o ... apple, april, also)
E = chámase i (pode soar como: e, i, ... hello, green)
I = chámase ai (pode soar como: i, ai ... dish, ice)
O = chámase ou (pode soar como: o, u, ... hot, book)
U = chámase iu (e soa como: u, iu, a ... put, tuesday, cut)
Repite moitas veces o nome das "VOWELS", e cada vez máis rápido.
EI - I - AI - OU - IU
E agora unha actividade para practicar as "VOWELS". Existe unha cancionciña moi coñecida polos nenos de fala inglesa, a canción titúlase "APPLES AND BANANAS" /apls an bananas/ (mazás e plátanos). Primeiro cantamos a canción correctamente, pero a continuación imos cambiando o son das vogais polo nome que teñen "EI - I - AI - OU - IU". Seméllase a canción que cantamos aquí en España de "Tengue une hermeguete en le petete ...."
Agora outra canción moi coñecida, cantábana os nenos para aprender a pronunciar ben as sílabas que levan dúas vogais xuntas (ditongos). A canción di que cando van dúas vogais xuntas somentes pronúnciase a primeira vogal, a segunda nunca se pronuncia. Realmente non é certo de todo porque hai excepcións, pero en principio pode axudar.
No comments:
Post a Comment