4/19/25

AULA: Animal Padlet

O alumnado de 5º  realizou un proxecto que consistía en elaborar unha publicación nun muro colectivo coa temática dos animais.

En primeiro lugar, cada grupo tivo que tomar decisións sobre a súa futura publicación: animal a elixir, datos a publicar, tipo de imaxe... Posteriormente, tras elaborar por escrito un esquema cada grupo pasou a publicar o seu traballo nun muro colectivo, Padlet. 

A actividade continuaba cunha exposición oral da nosa publicación. A axuda da auxiliar de conversa Kayla neste paso foi valiosísima xa que fixo posible que cada grupo practicase previamente esta exposición con ela.

Por último, cada grupo tivo que avaliar mediante unha rúbrica as publicacións dos compañeiros.





  
 


4/13/25

AULA: Animals Board game

 Nesta ocasión os nenos e nenas de terceiro curso repasan a unidade sobre "Animals"  mediante este xogo de mesa. 

Practicamos o xogo na clase e posteriormente leváronno para casa para xogar coa familia.







3/23/25

Who am I?

 Con motivo da chegada do Entroido pensamos que unha boa maneira de practicar o tema actual sería mediante esta actividade de ocultarnos detrás dunha máscara de animal e así de paso practicar as descricións.







2/25/25

AULA: Translation Lists

 Aquí temos aos nenos e nenas de 3º e 4º curso poñendo a proba os seus coñecementos das "Translation Lists".

En cada tema o alumnado practica o vocabulario e gramática de cada unidade mediante listas de traducción que chamamos "Translation Lists", e de cando en cando poñemos a proba o noso coñecemento destas TL dunha maneira máis lúdica a través dun xogo de mesa basado nestas TL.







1/15/25

Let's go to the theatre!


Year 5 and Year are going to the theatre on 21st January.
They are going to see the show called "My Funny Frankenstein" in the "Teatro Afundación"

It's important to know some basic theatre manners, so pay attention!

12/6/24

Ensaiamos...

 ... because "It's Christmas Time"



Outro ensaio improvisado no recreo

11/30/24

Thanksgiving 2024

O xoves 28 de Novembro celebrouse a tradicional festa de Thanksgiving. 
Kayla explicounos como celebran esta festividade na súa familia e no seu país, os Estados Unidos. 
Quedamos sorprendidos da cantidade de actividades que fan relacionadas con esta festa.  Podedes comprobalo na seguinte presentación.

            



11/25/24

CHRISTMAS 24

Este ano vainos tocar estar en forma porque a canción de Nadal chega con moito ritmo.

Nesta entrada tendes os enlaces coa letra da canción e da música, nos próximos días o vídeo 

 do baile interpretado por algúns nenos e nenas do cole.

Let's sing and dance!

DESCARGAR LETRA Versión final

ESCUCHAR MÚSICA Versión final

11/8/24

HALLOWEEN 2024

 Kayla amosounos como celebran nos Estados Unidos a festa de Halloween, e nós quixemos tamén darlle a coñecer a nosa festa do Samaín. Ambas festas teñen unha mesma orixe, e aínda que evolucionaron de diferente maneira cada vez son máis parecidas debido a grande influencia da cultura americana no mundo e, como non, tamén debido ao divertidísima que é a festa de Halloween.






                                                   CELEBRACIÓN DO SAMAÍN